Section outline

  • Bloque introductorio sobre as orixes, as ramas e os periodos históricos da filosofía.

    • Escoita con atención os dous enlaces, que tratan sobre a emisión dun programa da emisora de radio CBS de Nova Iork o 30 de outubro de 1938, no que o director de cine americano Orson Welles emitía unha versión dramatizada da novela "The War of The Worlds", do escritor británico H.G. Wells. 

      Despois escribe un resumo do que escoitaches que ocupe unha extensión entre 10 e 15 liñas.

    • Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades. 

    • ACTIVIDADES:

      1. Explica o significado da palabra "filosofía".
      2. Contrapón as características das explicacións pre-racionais (mitos) ás das explicacións racionais (logos) que aparecen desde o século VI a.C. en Grecia.
      3. Enche os ócos deste texto de Aristóteles onde explica a orixe da filosofía e logo cópiao na tua libreta.
      4. Explica a distinción de Aristóteles entre "saberes teóricos", "saberes prácticos" e "saberes produtivos" co seguinte enlace.
      5. Despois de consultar o significado do termo grego "skholè" e da súa tradución latina "otium" explica qué relación pode haber entre o concepto aristotélico dos saberes teóricos como saberes "libres", a "escola" e o "tempo libre".
      6. Le con atención e suliña as ideas principais do apartado "1.4. As disciplinas filosóficas". Fai un esquema do apartado onde resumas en duas ou tres liñas o contido de cada unha delas.
      7. Contrasta o teu esquema co seguinte video, engadindo algunha rama se falta.
      8. Anota a que rama da filosofía corresponde cada unha das cuestións.
      9. Enche os ócos deste texto que trata sobre a diferenza entre a filosofía e outros saberes. Anota na túa libreta as cuestións filosóficas e razoa a que rama corresponde cada unha.
      10. Le con atención e suliña as ideas principais do apartado "1.3. O saber filosófico a través da súa historia". Elabora un cadro nunha ou varias follas en horizontal con tres columnas, sendo a do medio o triple de ancha que as outras dúas . Na primeira columna vai escribindo, para cada periodo da historia da filosofía, unha lista por orde cronolóxica co nome dos autores/correntes máis salientables, indicando o seu século correspondente. Na segunda columna pon ao carón de cada autor/corrente a cuestión ou cuestións principais das que se ocupou. Na terceira columna identifica a rama da filosofía correspondente a cada unha desas cuestións.
      11. Mira o seguinte video para correxir a información do teu cadro da Historia da filosofía.
      12. Anota as tres respostas que Enric Gel ofrece no seu video "¿Para qué serve a filosofía?". ¿Algunha delas correspóndese co contido do apartado "1.6. Vixencia e utilidade da filosofía"? Razoa a resposta.