Este curso trata sobre a materia de Economía e emprendemento. Trátase dunha materia optativa de 4º da ESO.

Persegue dúas finalidades: por unha banda, que o alumnado conte cunha educación económica e financeira para desenvolverse, asumir riscos de maneira responsable na súa vida cotiá e xestionar e levar á acción de maneira viable proxectos vitais, profesionais e empresariais, se así o desexa; por outra, que o alumnado busque solucións innovadoras e valiosas para afrontar os retos propostos, a través de estratexias de xestión do coñecemento, do autocoñecemento e da colaboración cos demais.