A materia de Historia de España introduce ao alumnado na perspectiva do pensamento histórico, indispensable para a observación, interpretación e comprensión da realidade na que vive. Atender aos principais retos e problemas aos que se enfronta no século XXI resulta esencial para o exercicio da súa madurez intelectual e persoal, ao situalo ante os desafíos sociais do presente. A análise do pasado constitúe unha referencia imprescindible para entender o mundo actual. Ademais, conforma un rico legado que o alumnado debe saber apreciar, conservar e transmitir, como legado das distintas xeracións que nos antecederon.
- Teacher: Eduardo Sánchez Novais

A xeografía ocúpase especificamente do espazo, as
paisaxes e as actividades que se desenvolven sobre o territorio, e analiza a
relación entre a natureza e a sociedade, así como as súas consecuencias. Ten
como obxectivo a comprensión do territorio, produto da interrelación de múltiples
factores, e, ademais, que o alumnado poida explicar a realidade xeográfica española,
con especial atención ao territorio galego, como referente e identidade próxima.
A distribución de contidos da materia de Xeografía de 2º de Bacharelato pretende afianzar os coñecementos sobre xeografía adquiridos na ESO e, por outra banda, afondar no coñecemento da ciencia xeográfica para proporcionar as conexións con opcións posteriores.
A xeografía de España non pode concibirse só na diversidade que lle proporcionan as comunidades autónomas, senón que é necesario coñecer ademais as interdependencias que a vinculan co resto do mundo, en especial coa Unión Europea (UE), xa que estes aspectos teñen a súa tradución nos procesos de organización do territorio

Historia de España de 2º de Bacharelato
- Teacher: Vicente García Romero