IDEAS PARA PODCASTS

Re: IDEAS PARA PODCASTS

por Paloma Losada Romero -
Número de respostas: 0
A min gustaríame facer algo nesas clases que quedan libres entre os exames e as vacacións de semana santa. Como coincide o día do teatro e ese é un tema que aínda non traballei nin en 1º nin en 2º, a idea sería facer algo de teatro radiofónico, ben adaptando contos ou lendas a teatro, ben directamente a través de lectura expresiva. Terían que practicar a voz, pero tamén buscar música e efectos sonoros que sustitúan ao narrador cando sexa posible.