IDEAS PARA PODCASTS

IDEAS PARA PODCASTS

por Paloma Losada Romero -
Número de respostas: 1

 A miña proposta sería unha sesión de "Busca de modelos e contidos". Trataríase de que cada un de nós buscase modelos de podcasts ou programas que poderíamos adaptar á nosa materia, ou ben pensara ideas para podcasts relacionados coa súa materia. Poderíamos compartilos nun foro, de xeito que todos vísemos as propostas dos outros e así abriríamos a posibilidade de colaborar con algún compañeiro/a co que compartamos alumnado. 
Para buscar inspiración, igual vos sirven estas ligazóns:
- REDE ESPORA é unha agrupación de radios escolares galegas moi activa que ten unha web marabillosa, chea de información de todo tipo. Para o obxectivo que vos propoño, en concreto, recomendo visitar as ligazóns aos centros que forman parte da rede, a selección de podcasts escolares, que é bastante variada, e os recursos didácticos, que inclúen ideas de actividades, moitas de linguas, hai que recoñecelo, pero se ides máis abaixo menciona programas e podcasts xeneralistas que amplían as temáticas. 
- RNE ten programas de case todo, nese ámbito seguro que cada un/ha coñece os das súas materias, pero eu recordo algúns de difusión especializados en materias que sempre son moi amenos. 
- Na Aula virtual tedes unhas fichas sobre xéneros radiofónicos que poden axudar a darlle forma á presentación de contidos, penso que dun xeito moi rápido e útil. (para velas hai que abrir o recurso en Chrome, en Mozilla puede que no se vea). 

En resposta a Paloma Losada Romero

Re: IDEAS PARA PODCASTS

por Estefanía Fernández Vázquez -
Eu teño dúas ideas:
1. Preparar unha entrevista con algún grupo da ESO ou FPB, para que entrevisten a alumna gañadora das skills galegas de CSFP PE e tamén o alumnado gañador de informática.

2. Hai unha escritora viguesa, chamada Rebeca Stones que participou nun podcast chamado "pasa la página" podedes velo en : https://www.youtube.com/playlist?list=PLv06IS2RVHF3kNt_honDk4UXXydLRZchN . A escritora ten diversas novelas de romance xuvenil, misterio e aventura, algunhas das súas novelas son: Timanti”en 2016, "Sinergia" (2018), "Sotavento" (2020), "Ingobernable" (2021) e Insaciable (2022). Poderíamos sondear ó alumnado se coñece a esta escritora e se coñece as súas novelas e invitala a unha entrevista.