IDEAS PARA PODCASTS

IDEAS PARA PODCASTS

par Paloma Losada Romero,
Nombre de réponses : 4

 A miña proposta sería unha sesión de "Busca de modelos e contidos". Trataríase de que cada un de nós buscase modelos de podcasts ou programas que poderíamos adaptar á nosa materia, ou ben pensara ideas para podcasts relacionados coa súa materia. Poderíamos compartilos nun foro, de xeito que todos vísemos as propostas dos outros e así abriríamos a posibilidade de colaborar con algún compañeiro/a co que compartamos alumnado. 
Para buscar inspiración, igual vos sirven estas ligazóns:
- REDE ESPORA é unha agrupación de radios escolares galegas moi activa que ten unha web marabillosa, chea de información de todo tipo. Para o obxectivo que vos propoño, en concreto, recomendo visitar as ligazóns aos centros que forman parte da rede, a selección de podcasts escolares, que é bastante variada, e os recursos didácticos, que inclúen ideas de actividades, moitas de linguas, hai que recoñecelo, pero se ides máis abaixo menciona programas e podcasts xeneralistas que amplían as temáticas. 
- RNE ten programas de case todo, nese ámbito seguro que cada un/ha coñece os das súas materias, pero eu recordo algúns de difusión especializados en materias que sempre son moi amenos. 
- Na Aula virtual tedes unhas fichas sobre xéneros radiofónicos que poden axudar a darlle forma á presentación de contidos, penso que dun xeito moi rápido e útil. (para velas hai que abrir o recurso en Chrome, en Mozilla puede que no se vea). 

En réponse à Paloma Losada Romero

Re: IDEAS PARA PODCASTS

par Estefanía Fernández Vázquez,
Eu teño dúas ideas:
1. Preparar unha entrevista con algún grupo da ESO ou FPB, para que entrevisten a alumna gañadora das skills galegas de CSFP PE e tamén o alumnado gañador de informática.

2. Hai unha escritora viguesa, chamada Rebeca Stones que participou nun podcast chamado "pasa la página" podedes velo en : https://www.youtube.com/playlist?list=PLv06IS2RVHF3kNt_honDk4UXXydLRZchN . A escritora ten diversas novelas de romance xuvenil, misterio e aventura, algunhas das súas novelas son: Timanti”en 2016, "Sinergia" (2018), "Sotavento" (2020), "Ingobernable" (2021) e Insaciable (2022). Poderíamos sondear ó alumnado se coñece a esta escritora e se coñece as súas novelas e invitala a unha entrevista.
En réponse à Paloma Losada Romero

Re: IDEAS PARA PODCASTS

par Marta Molina Rivera,
Ola, boas,

Pois no meu caso, realizaríamos un simulacro de entrevista. Como o grupo de clase de IPE I é pequeno, realizaríamos dous entrevistas, unha clásica e outra por competencias, na que cadaquén faga dun rol (entrevistador- entrevistado). O outro modelo de entrevista sería unha entrevista por competencias, nas que se plantexa unha situación, unha acción e un resultado, dando a coñecer aquelas habilidades brandas (soft skills) que son tan importantes para conseguir e manter un emprego. Habería tamén dous roles de presentadores. Estimo que o podcast podería durar uns 10-15 minutos.
En réponse à Marta Molina Rivera

Re: IDEAS PARA PODCASTS

par Melca Feijoo Covelo,
Boas tardes, eu creo que vou tirar por recomendacións estéticas, xa que así de paso promociono os ciclos, e creo que é un tema de interese para o alumnado. Tipo, mitos ou realidades no mundo da cosmética como el que ten a médico Ana Molina. Cousas sinxelas de facil aplicación tamén para os pequeños, tipo ¿o autobronceador como me broncea serve para protexerme do sol? ou ¿é verdade que si me como moitas cenoiras vou estar mais morena?....
En réponse à Paloma Losada Romero

Re: IDEAS PARA PODCASTS

par Paloma Losada Romero,
A min gustaríame facer algo nesas clases que quedan libres entre os exames e as vacacións de semana santa. Como coincide o día do teatro e ese é un tema que aínda non traballei nin en 1º nin en 2º, a idea sería facer algo de teatro radiofónico, ben adaptando contos ou lendas a teatro, ben directamente a través de lectura expresiva. Terían que practicar a voz, pero tamén buscar música e efectos sonoros que sustitúan ao narrador cando sexa posible.