Perfilado de sección

  • Presentouse a metodoloxía da Aula Invertida (Flipped Classroom) como unha estratexia para aumentar a autonomía e a implicación do alumnado. Ademais, analizáronse diferentes tipos de avaliación (diagnóstica, formativa e sumativa) e ferramentas prácticas para realizar un seguimento continuo da aprendizaxe. Traballouse especialmente co uso dos Entry & Exit Tickets como instrumentos de reflexión e avaliación rápida, así como con aplicacións dixitais como Ziplet e Socrative, que permiten recoller evidencias da aprendizaxe, obter retroalimentación inmediata e aumentar a participación do alumnado.