Perfilado de sección

    • Curso completo para traballar dende a área de Lingua Castelá. De Educarex (Repositorio da Junta de Extremadura). Apropiado para a ESO, pero con moita teoría e tarefas sobre lingua, medios de comunicación, etc., que non é necesaria. Habería que seleccionar tarefas concretas para que non leve moito tempo, pero podemos atopar recursos interesantes para algún aspecto en particular.

    • Indicacións de Tesi Romero para o alumnado do IES Pablo Picasso (Málaga). Moi completo, práctico e útil.

    • Outro recurso de gran utilidade, no que se seguen uns pasos moi claros para a creación de podcasts e se propoñen actividades en cada un deles. Moi completo e moi ben organizado, especialmente útil se imos traballar coa radio na aula. Recomendamos especialmente o último apartado, Repositorio de recursos.

    • Secuencia de creación de podcasts en galego. Tamén moi completo, especialmente a nivel de edición.
    • Rede de Radios escolares galegas, con consellos prácticos a todos os niveis (técnico, de creación, ideas...), entrevistas e exemplos de podcasts de escolas e institutos de toda Galicia.