Section outline

  • Highlighted
    • TIP: empregamos bolas de cores para coñecérmonos e crear vínculos de confianza, fundamentais para a aprendizaxe.

    • Neste sitio poderás atopar moitas ferramentas para a educación, para o profesorado, familias, etc. Feitas pensando no alumnado e nas súas necesidades.

    • Ferramenta que te permitirá que o teu alumnado interactue subindo pequenos vídeos con dúbidas, comentarios... Os compañeiros, compañeiras ou o profesorado poderá responderlle do mesmo xeito.

    • TIP: é importante que ao longo da mañá o alumnado se levante e faga durante cinco minutos algún pequeno estiramento. Despois regresamos e seguimos traballando.

    • Ferramenta que te permitirá facer preguntas ao teu alumnado e ver os resultados de xeito estatístico. Só precisan introducir o código asociado ao cuestionario.

    • A ciencia explica tamén a importancia das emocións nas persoas e na súa aprendizaxe. As nosas emocións e as do noso alumnado serán decisivas no que pretendemos acadar cada día na aula. Este sitio permítenos coñecelas mellor e facilítanos ferramentas para traballalas.

    • TIP: emprega menti para saber como se atopa o teu alumnado e traballar as emocións. Podes proxectar os sentimentos máis salientados na xornada de hoxe.

    • Este sitio é un "mind map creator", permitirache ver, a xeito de mapa, as ideas que xorden na clase. 

    • Ao igual que a ferramenta anterior poderás facer na clase un brainstorming e velo representado de xeito gráfico.

    • TIP: a neurociencia xa demostrou que o sorriso contaxíase e xera emocións positivas que predispoñen á aprendizaxe, non esquezas levar o teu sorriso na cara cando entres na aula.

    • Nesta web poderás crear "mapas do tesouro" e tours interactivos. O alumnado poderá descargala no móvil ou tablet e facer procura de información e lugares polo centro ou nunha saída do mesmo.

    • Con esta app o noso alumnado poderá centrar a mente, enfocándose en cuestións importantes da vida.

    • TIP: seguindo co tip anterior podes facer un xogo co teu alumnado. Todos de pé en circulo e moi serios, o que lle toca comezar sorrí e sinala a unha compañeira ou compañeiro, que a súa vez sorrirá e sinalará a outra ou outro. Cando todo alumnado (e a profe) sorría, a clase pode comezar, xa temos o cerebro mellor preparado.

    • Sitio onde o noso alumnado poderá crear as presentacións que precise.

    • Outra ferramenta para a creación de material con aínda máis funcionalidades.

    • TIP: probaches a gravar en canva mentres fas as túas presentacións?

    • Ferramenta para traballar a calma e mellorar o benestar xeral.

    • Sitio que permite traballar a respiración de xeito moi simple.

    • TIP: estas ferrementas de respiración e calma podedes traballalas co voso alumnado antes de un exame, falar en público...

    • Esta ferramenta emprégase para xestionar o sono a calma e facer meditación.

    • Outra ferramenta para a meditación e o mindfulness.

    • TIP: podes ver os capítulos de Headspace en Netflix, para comprender os beneficios da meditación, de durmir, de desconectar...

    • Ferramenta para crear contidos. Creemos a nosa propia historia. O noso propio conto, novela...

    • Ferramenta que permitirá que o alumnado cree o seu propio libro.

    • TIP: coas ferramentas anteriores podedes crear unha biblioteca de aula con todos os libros escritos polo alumnado.

    • Outro xeito de compartir. Crear vídeos propios...

    • Ferramenta onde o profesorado de idiomas poderá sacar o máximo partido. Aprende o teu idioma de xeito divertido a través de cancións.

    • TIP: o cerebro funciona a ritmo óptimo durante vinte minutos consecutivos, pasado este tempo deberamos facer unha pausa de cinco e volver a comezar.

    • Ferramenta para facer presentacións e demais contidos.
    • Outra ferramenta onde o teu alumnado poderá crear o seu propio libro.
    • TIP: divertirse en compaña crea vínculos afectivos que favorecen a aprendizaxe. Por grupos poden poñerse nun circulo e co calzado de todo o grupo terán que montar a torre máis alta sen que caia. Valorarán o traballo en equipo como fonte de éxito e o enxeño. A ver quen gaña!

    • Ferramenta que permitirá ao teu alumnado xestionar as súas materias.
    • TIP: o cerebro xestiona a información moi rapidamente pero dunha en unha. Dá ao teu alumnado unha instrución de cada vez e de xeito claro.

    • Neste sitio atoparás enlaces a outras ferramentas que che poden resultar de utilidade no teu labor como docente.

    • Neste sitio atoparás moita formación. Aprende como aprender.