Neste módulo o corte de cabelo abordarase dende unha aprendizaxe mecánica ou básica , senón dende unha perspectiva de deseño, innovación, asesoría de imaxe e dirección técnica.

Faremos unha aprendizaxe exhaustiva do vísasmo para adaptar o corte ás características físicas (faccións, morfoloxía do cranio, pescozo e silueta) do cliente.

Adquirirase a capacidade para deseñar e proxectar novos estilos e coleccións de corte de cabelo baseados na moda actual e na innovación técnica. 

Empregaremos diferentes tipos de navallas, tesoiras , maquinas de corte, etc. para crear texturas, volumes e movementos específicos.

Acadaremos unha comprensión espacial de ángulos, proxeccións e liñas de corte para executar estruturas complexas e personalizadas.
Dominaremos as metodoloxías segundo as necesidades do tipo de cabelo (rizado, liso, fino, groso) e o resultado técnico buscado.