
Servizos en Rede é o módulo no que aprenderás a instalar, configurar e manter os servizos que fan funcionar calquera rede informática real: acceso remoto, asignación automática de enderezos (DHCP), resolución de nomes (DNS), transferencia de ficheiros (FTP), correo electrónico e servidores web, ademais de redes sen fíos e conexión con redes públicas.
É un módulo eminentemente práctico: traballarás sobre máquinas virtuais Linux e Windows Server, xa que nunha empresa real case nunca se traballa cun só sistema operativo. Empezamos precisamente polo acceso remoto (SSH, RDP e VNC), porque será a ferramenta que usaremos para conectarnos aos servidores durante todo o curso.
O módulo organízase en 8 unidades didácticas e avalíase de forma continua, combinando prácticas e probas por unidade.
- Teacher: José Ramón Sanlés Fernández