
Benvidas e benvidos ao módulo de Itinerario Persoal para a Empregabilidade I, de agora en diante chamarémolo IPE I.
Cando rematedes este ciclo formativo tendes diversas opcións á hora de incorporarvos ao mundo laboral, principalmente o emprego por conta propia, a función pública e o traballo por conta allea.
Con este módulo acadaredes os coñecementos que precisades para desenvolvervos como persoas traballadoras por conta allea. Cales son os dereitos que temos como traballadoras e traballadores, as nosas obrigas e as dificultades polas que pode atravesar unha relación laboral.
- Teacher: Marta Molina Rivera

- Teacher: Laura Senín Montáns

Itinerario Persoal para a empregabilidade I está deseñado para comprender o sector laboral e o marco das condicións de traballo.
- Enfócase en desenvolver competencias para a prevención de riscos e para analizar as condicións laborais e os dereitos dos traballadores.
- Dá prioridade á cultura de prevención, incluíndo técnicas de primeiros auxilios e criterios para avaliación de perigos no lugar de traballo.
- Inclúe ferramentas de autoorientación: análise de habilidades, intereses e a creación dun plan de inserción profesional.
- Analiza as condicions laborais como persoa traballadora por conta allea identificándoas nos principais tipos de cambios e vicisitudes relevantes que se poden presentar na relación laboral na normativa laboral e especialmente no convenio colectivo do sector
- Promove o autocoidado do desenvolvemento persoal e a planificación de carreira, así como o uso responsable de ferramentas dixitais.
- Animar a aprendizaxe autónoma e o uso informático en contextos laborais, co respecto pola identidade dixital.
- Teacher: Adelina Cobo


