Section outline

  • A UNIVERSIDADE

    Pensando en estudar na Universidade?

    Navega polas páxinas das tres Universidades Galegas para coñecer a oferta formativa.




    Si tes pensado acceder á universidade o curso que vén, é recomendable que consultes estes documentos:

     

    1.  É importante que consultes a Táboa de ponderacións para o curso 2025-2026 










     





    As ponderacións terán algún cambio para o curso 2026-2027.  Se se queres consultalas, accede no seguinte enlace 

    Ponderacións 2026-2027


    -  2. Ten en conta as notas de corte

     

    -  3. Navega pola web da CIUG.



    • ACCESO Á UNIVERSIDADE DENDE A  FP SUPERIOR.

    Tamén poderás acceder á universidade despois de cursar unha FP de grao superior. Si é así, isto é o que debes saber:

    Como seguramente xa sabes, as persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.
    Se esta é a túa idea, debes saber que:
    1. Non existe ningunha cota reservada, das prazas que ofrece cada grao universitario, reservado ás persoas que acceden desde formación profesional. Iso quere dicir que todas as persoas compiten por igual (a non ser que formes parte das cotas reservadas para: alumnado con necesidades educativas especiais, deportista de alto rendemento, alumnado que xa ten unha carreira universitaria ou que acceda a través da proba de acceso para maiores de 25, 45 anos ou da experiencia laboral á idade de 40).
    2. Como se decide o acceso entón? A través da nota de acceso, como explicamos a continuación. No mellor dos casos, a maior nota media que podes ter no teu ciclo formativo de grao superior é un 10, pero a día de hoxe atopámonos con carreiras universitarias que piden ata un 14 de nota para entrar. A maneira de conseguir sumar puntos á túa nota media do ciclo é presentándote á parte voluntaria da ABAU.

    A ABAU, como sabedes, é un exame das materias de bacharelato. Non teriades que ir á fase obrigatoria, pero, opcionalmente, si podes presentarte a materias da parte específica (para acceder con mais nota, e por tanto mellores opcións, á preinscrición na Universidade), polo que é necesario saber cales son as que máis me puntúan para as carreiras que te gustaría facer. Terías que consultar nas diferentes universidades de Galicia (ou na correspondente universidade) como puntúan esas materias de bacharelato, que teriades que preparar pola túa conta ou nunha academia. Son aquelas que puntúan 0,2 na táboa parámetros de poderación.

    Nota de admisión
    No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.
    Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)
    Cálculo da nota media do ciclo formativo
    NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos.

    A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior.

    Soamente en caso de empate entre dous solicitantes, teráse en conta que o título de FP esté adscrito á misma rama de coñecemento universitario á que está adscrito o grao ao que solicita acceso. Para ver a adscrición de títulos de FO de grao superior ás ramas de coñecemento universitario consulta este documento:

    Adscrición dos títulos de técnico superior de Formación Profesional ás ramas de coñecemento nas que se ordenan as ensinanzas universitarias de grao.

    http://www.edu.xunta.gal/fp/sites/fp/files/fp/Orientacion/anexo_ii_-_acceso_univerdidade_fp_2011.pdf

    Procedemento para mellorar a nota de admisión
    As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase voluntaria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
    Cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro, elixibles entre as materias de segundo curso de Bacharelato (ver táboa de ponderacións), puntuando só as 2 mellores notas.
    Cada unha das materias das que se examine o alumnado con carácter voluntario para os efectos de mellorar a súa nota de admisión cualificarase de 0 a 10 puntos.
    Cálculo da nota de admisión A nota de admisión para aos estudos universitarios de grao calcularase mediante a seguinte fórmula.
    Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2
    NMC: Nota media do ciclo formativo, calculada segundo o procedemento indicado anteriormente.
    · M1 e M2: as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.
    · a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. En xeral terán un valor de 0,10, pero as universidades poderán elevar ese valor ata 0,20 para os temarios que consideren máis idóneos para seguir con éxito as ensinanzas universitarias.
    Os parámetros de ponderación podes consultalos na táboa de ponderacións que tes máis arriba para o curso 2023-2024.

    Inscrición no procedemento
    Para presentarse e realizar a fase voluntaria da ABAU será suficiente coa inscrición, achegando unha certificación académica oficial.
    A certificación terá o carácter de documentación provisional, e non poderá procederse á admisión nos estudos universitarios de grao ata a consecución e a entrega da documentación acreditativa de dispor do correspondente título.