Nesta 3ª Avaliación trataremos os feitos da Paixón de Cristo. Constitúen os episodios evanxélicos da vida de Xesús onde se narran os sucesos entre a Última Cea e a Resurrección. Ocupan un lugar predominante nos catro evanxeos, é a parte máis extensa, e son o núcleo da predicación cristiá. Desde os comezos do cristianismo, nos comezos do cristianismo, cando unha persoa achegábase á Igrexa co ánimo de coñecer a Boa Nova, explicábanselle, ante todo, os sucesos da Redención realizada por Xesucristo coa súa Paixón e Morte e, sobre todo, coa súa Resurrección de entre os mortos. É moi importante destacar que todos estes relatos expresan a fe da Igrexa no designio salvador de Deus.
Cada ano, coa chegada da primavera, os crentes fan presente este acontecemento histórico da vida de Xesús de Nazaret, a súa Paixón, Morte e Resurrección. É un tempo cardinal na vivencia da fe cristián e que coñecemos como a Semana Santa.
- Teacher: Joaquín José García Fonte