Opcións de matriculación

Non é posible separar a Historia da Igrexa da Historia da Humanidade na que esta acontece, e mais na nosa historia. En 4º de ESO facemos un percorrido polos diferentes feitos que aconteceron na “Historia da Igrexa”, un camiño que vai dende os seus orixes ate a actualidade, no pontificado do Papa Francisco. Mais e como premisa, non se pode entender realmente a Igrexa e o seu devir no tempo se non se ten presente que tenta dar continuidade da misión de Xesucristo na historia humana, obedecendo o seu mandato “Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo (Mt 28,19-20).

Nesta 3ª Avaliación aboradaremos a Historia da Igrexa na época contemporánea, un tempo que vai dende a Revolución Francesa ate a actualidade.  Unha época de fondos cambios sociais, económicos e políticos. Tentaremos de profundar no coñecemento da Historia da Igrexa durante os séculos XIX e XX, dous séculos apaixonantes, difíciles e aparentemente confusos. 

A época contemporánea quedou marcada pola secularización.  Os principios da Ilustración e da Revolución francesa foron impregnando as institucións civís e as mentes dos pobos. As sociedades buscaron novos modos de organización, estendéndose un modelo de política laica que supuxo unha marxinación da Igrexa. Neste contexto, se fixo preciso un urxente «aggiornamento» eclesial. O Vaticano II manifestou unha Igrexa que optaba pola renovación interior e por un novo modo de estar presente na sociedade.  No século XXI seguen a continuar as transformacións socioeconómicas, políticas, culturais e tecnolóxicas, é o tempo da globalización e da post-modernidade co predominio de políticas neoliberais.  Pero tamén están a aparecer novas políticas proteccionistas e un auxe dos nacionalismos. Neste contexto a Igrexa Católica aparece hoxe como unha institución en diálogo constante co mundo pero sen deixar de estar ao servizo da persoa.

Para aprobar a avaliación se realizará un traballo no que se inclúan os contidos que se facilitan nos apuntes. Sería convinte que se faga unha ampliación destes contidos buscando información tanto na web como por libros sobre este tema.


Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.