Opcións de matriculación

En 4º de ESO facemos un percorrido pola “Historia da Igrexa” dende os seus orixes ate a actualidade, no pontificado do Papa Francisco. Como premisa, non podemos entender realmente a historia da Igrexa se non temos presente que a esta tenta de dar continuidade da misión de Xesucristo na historia humana, obedecendo o seu mandato “Ide, pois, e facede discípulos meus a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo (Mt 28,19-20).

Nesta 2ª Avaliación trataremos de coñecer a "Historia da Igrexa na época moderna", o cadro historiográfico da Igrexa católica nos séculos XVI a XVIII. Correspóndese coa historia política de Europa e as súas prolongacións noutros continentes e países en cuxas sociedades e culturas está presente o cristianismo e, especialmente, a Igrexa católica con estruturas permanentes. Convencionalmente preséntanse nesta etapa histórica da Igrexa tres momentos e contextos históricos con nomes e características ben marcados que cabe asignar globalmente a cada século: no século XVI, a Reforma; no século XVII, o Barroco; no século XVIII, a Ilustración. 

Para aprobar a 2ª Avaliación se realizará un traballo no que se inclúan os contidos que se facilitan nos apuntes. Sería convinte que se faga unha ampliación destes contidos buscando información tanto na web como por libros sobre este tema.


Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.