Opcións de matriculación

Para coñecer realmente a Xesús de Nazaret debemos descubrir cales foron as súas ensinanzas e os anos que se dedicou a difundir o seu mensaxe, e que el mesmo chamou ou anuncio do Reino de Deus.  O importante é que, en Xesús, se vai dar unha unidade entre o seu actuar e a as súas ensinanzas, era un home consecuente co que afirmaba.

E, nesta 2ª Avaliación descubriremos como foron os tres anos nos que sae do seu fogar en Nazaret, é bautizado por Xoán no río Xordán e funda unha pequena comunidade que o acompañará no seu periplo polas terras de Xudea e Galilea, está comunidade será o xerme do que será a Igrexa.  Tamén coñecemos as liñas máis salientables do seu mensaxe e como empregaba as “parábolas”, breves narracións que agochan unha ensinanza moral e relixiosa que revelan unha verdade espiritual.

Para aprobar a presente avaliación, a 2ª, se realizará un traballo no que se deberán incluír os contidos que se facilitan nos apuntes, neste caso as fichas. Sería convinte que se faga unha ampliación destes contidos buscando información na web ou en libros sobre este tema.


Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.