A “Antropoloxía Cristián” ou tamén chamada “Antropoloxía Teolóxica” trata de falar do home ('anthropos' = home; ' logos' = palabra, razón) desde o punto de vista cristián. Utiliza o seu propio método -a dependencia da Revelación, a referencia a Cristo- e desenvolve os seus propios contidos, en parte paralelos aos doutras ciencias humanas e en parte específicos. É unha reflexión que se fai dende a fe, pero que se ofrece tamén como un instrumento de diálogo especialmente significativo coa nosa cultura actual. En resumo, poderíamos afirmar que é “o estudo do ser humano dende o punto de vista da Revelación, establecendo o concepto de ser humano dende o pensamento cristián”.
- Teacher: Joaquín José García Fonte