As artes plásticas, visuais e audiovisuais diríxense cara á adquisición dun pensamento que se concreta en formas, actos e producións artísticas e que posúe a capacidade de xerar propostas orixinais respondendo ás necesidades do individuo. Supoñen, ademais, a posibilidade de actuar sobre a realidade creando respostas que prolonguen e amplíen a capacidade expresiva do ser humano.