Documentación
- Novidades destacadas
- Información Xeral
- Condicións de uso
- Organización da aula virtual
- Categorías de cursos
- Denominación dos cursos
Novidades destacadas
Ola, o novo equipo TIC está a cambiar algunhas funcionalidades da aula virtual.
Ademáis por parte da Xunta dannos aviso dun corte de servizo de todas as aulas virtuais o vindeiro día 9 de setembro 2024 as 08:00 cunha duración aproximada de 6 horas.
Pregamos un pouco de paciencia
Información Xeral
- Moodle 4.1.18
- Esta é a versión de Moodle empregada na aula virtual. O manual oficial do Moodle ofrece unha grande cantidade de información xeral. O Manual Moodle 3.9 para el profesor da Universidade Politécnica de Madrid ofrece información máis centrada no rol do profesorado.
- Tema gráfico Boost
- Boost é un tema novo que proporciona unha experiencia de usuario mellorada. A interface ten tres elementos principais:
- A barra de navegación está situada á esquerda e pode ocultarse e despregarse facilmente mediante o botón da esquina superior esquerda.
- O menú do usuario, situado na esquina superior dereita, desprégase ao pulsar no nome ou na icona do usuario.
- O menú de administración, anteriormente situado á esquerda debaixo da barra de navegación, desprégase agora pulsando nunha roda dentada situada na esquina superior dereita da portada do curso, ou de cada actividade ou recurso.
- Editor de texto Atto
- Atto é o novo editor de texto predeterminado do sistema; está mellor integrado na nova interface pero non ofrece tantas opcións como o editor anterior, TinyMCE. Cada usuario pode seleccionar como editor predeterminado o que máis lle guste: consulta como facelo en Cambiar o editor de texto.
- Papeleira de reciclaxe (Recycle bin)
- A nova versión de Moodle inclúe unha papeleira de reciclaxe a nivel de curso (recycle bin) onde as actividades e recursos eliminados permanecen durante catro semanas antes de ser eliminados definitivamente. Accédese a ela mediante o menú de administración (a roda dentada).
- URL
- O enderezo da aula virtual é
https://centros.edu.xunta.gal/iessantairene/aulavirtual. - Papeleira de cursos
- Temos unha categoría oculta chamada Papeleira para trasladar os cursos desbotados, xa que so os administradores poden borrar cursos. Se queredes eliminar un curso permanentemente, por favor movédeo a Papeleira. Os cursos que esteán nesa categoría serán borrados definitivamente cada certo tempo.
Para mover un curso de categoría, podedes empregar "axustes" do curso -> Categoría de cursos -> Buscar e seleccionar a última categoría: "Papeleira".
Condicións de uso
- A prestación deste servizo está condicionada a que o alumnado permaneza matriculado no centro, ou o profesorado manteña o seu destino no mesmo.
- O servizo terminarase sen previo aviso (normalmente o 1 de setembro) cando o alumnado cause baixa ou non renove a súa matrícula, ou o profesorado cese no seu destino no centro: é a súa responsabilidade descargar e almacenar pola súa conta todos os documentos que desexen conservar antes da terminación do servizo, así como, no caso do profesorado, facer copias de seguranza dos cursos que queiran conservar.
- Todas as normas do centro teñen plena vixencia na aula virtual.
- Todas as notificacións e mensaxes da aula virtual enviaranse aos enderezos de correo co que foi dado de alta. Recordade que os alumnos non tiñen obriga de ter correo electrónico.
- O profesorado debe ter copia de seguranza de todas as actividades, cualificacións, e outros datos dos seus alumnos.
Organización da aula virtual
Categorías de cursos
Os cursos da aula virtual organízase principalmente en categorías por niveis de ensino e materias: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º Bacharelato, 2º Bacharelato, Materias Pendentes, ESA 3, ESA 4, 1º Bacharelato Adultos e 2º Bacharelato Adultos, etc. Dentro desas categorías organízase por categoría de materia.
Deberían estar visibles so os cursos usados actualmente co alumnado; os cursos non usados deberán ocultarse para conservalos, ou ocultarse e moverse ás categorías ocultas Arquivo ou Papeleira para gardalas ou borralas respectivamente.
Hai cinco categorías adicionais: Outros Cursos, para outros cursos dirixidos ao alumnado que non correspondan ás categorías indicadas anteriormente; Formación do Profesorado, para cursos dirixidos ao profesorado do centro; Cursos de Práctica, para prácticas e probas do profesorado; a categoría oculta Arquivo, para almacenamento de materiais e recursos diversos; e a categoría oculta Papeleira para os cursos desbotados. Todos os cursos das categorías ocultas deben estar tamén ocultos.
Os profesores so poderán crear cursos nas categorías (carpetas) das materias que impartan. De este xeito manténese unha organización máis sinxela. Se un profesor non pode crear cursos nalgunha materia, por favor contacte cos coordinadores TIC.
Denominación dos cursos
En xeral, nos cursos dirixidos ao alumnado, o Nome completo do curso consistirá nun nome descriptivo. Se hai cursos diferentes para os distintos grupos, incluir a letra ou letras dos grupos. Se o nome completo da materia é demasiado longo, e preferible empregar as formas abreviadas habituais, p.e. Matemáticas Académicas en lugar de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas, ou Inglés I en lugar de Primeira Lingua Estranxeira I: Inglés.
No Nome curto do curso pódese empregar as iniciais do nome completo do curso e o nivel, e se non emprega todos os grupos, un guión, e as letras do grupo. Se o nome na materia consta dunha soa palabra, usaranse as primeiras letras. Pero non hai ningún problema por empregar outra denominación. Por exemplo:
| Nome completo do curso | Nome curto do curso |
|---|---|
| Lingua Castelá e Literatura 2º ESO BC | LCL2E-BC |
| Matemáticas Académicas 3º ESO | MAc3E |
| Matemáticas Aplicadas 3º ESO D | MAp3E-D |
| Música 3º ESO | Mus3E |
| Xeografía e Historia 4º ESO | XH4E |
| Inglés 1º Bacharelato A | Inglés1B-A |
| Grego 2º Bacharelato | Grego2B |
A Descrición pódese deixar en branco, ou empregala como o profesorado considere oportuno, como realizar unha breve descrición da materia, evitando o uso da letra negra ou palabras en maiúsculas, ou calquera outro formato que destaque indebidamente. En ningún caso se usará a Descrición para dar instrucións ou incluír contidos do curso.