Opcións de matriculación

Como cada ano, o departamento de Matemáticas do IES Illa de San Simón organiza o concurso matemático “O problema do mes”, con tres categorías:

  • Categoría ALFA: 1º ESO e 2º ESO
  • Categoría BETA: 3º ESO e 4º ESO
  • Categoría GAMMA: COMUNIDADE EDUCATIVA

Todos os meses publicaranse os problemas de cada categoría na páxina web do instituto e na nosa AV dentro do curso homónimo. Débese facer unha explicación matemática xustificando a resposta dada (non se valorarán aqueles problemas que só presenten o resultado final sen realizar o desenvolvemento).

O departamento revisará as solucións presentadas, e publicará unha clasificación mensual das puntuacións en cada categoría e as solucións correctas presentadas.

A puntuación dos problemas será a seguinte:

  •  1pto. por participar
  •  5ptos. se a solución é correcta
  •  2ptos. por orixinalidade
  •  2ptos. por presentación

Haberá premios mensuais e un premio final para cada categoría!!!

Anímate e participa!


Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.