1 1. Que é Edixgal?
Edixgal como ferramenta de transformación metodolóxica
Edixgal non só supón para os docentes o reto da aprendizaxe do uso dunha contorna educativa virtual senón un cambio nas nosas metodoloxías didácticas se a integramos na nosa dinámica de aula.
- Que é Edixgal?
Un segundo intento da administración de introducir metodoloxías interactivas na aula tras Abalar, a través dunha panoplia de funcionalidades e recursos de todo tipo -e de gran potencial- que se focalizan na contorna educativa virtual EVA.
- Unha moi útil plataforma educativa se conseguimos xestionar os tempos necesarios para introducirnos e familiarizarnos con ela, e coas súas múltiples funcionalidades.
- Que nos ofrece esta contorna educativa?
- Un xestor do alumnado.
- Un xestor da materia e do seu contido.
- Un xestor de avaliación.
- Unha rede social profesor/a-alumno/a de interación graduable.
- Unha contorna de traballo colaborativo entre os titores/as e o profesorado.
- Dúas propostas de traballo con libro de texto: un estático, e un libro interactivo, máis dinámico e aberto.
- Unha potente ferramenta de autor con múltiples opcións de propostas exercitivas interactivas e de organización da nosa dinámica de ensino-aprendizaxe.
- Un banco de recursos interactivos dinámicos e creados polos docentes da comunidade educativa.
- Un armazón para que o docente artelle a dinámica de ensino e aprendizaxe a través de diversos recursos e fontes.
- Un centro interactivo de control para a clase: repartir tarefas, temporalizar tempos de entrega, secuencia dinámica de contidos, enviar comentarios.
- Un calendario sincronizado e de diversos graos de visibilidade.
- Un espazo na nube para documentación.
- E seguro que me queda algo polo medio....

- Un cambio na interacción co alumnado.
- Un cambio na xestión do noso día a día como docentes.
- Un cambio drástico na forma de achegar, secuenciar e avaliar os contidos, xa que os docentes deixamos de ser a principal fonte de información, para converternos en xestores e reformuladores duns recursos educativos que xa non son estáticos nin restrinxidos e que facilitan a comprensión dos contidos.
- Unha carga de traballo adicional nun inicio, pois non só xestionamos os contidos senón que incorporamos e reformulamos as fontes de achega dos mesmos. Ben é certo que tras as primerias pescudas e testeos chégase a crear un banco de recursos fiable e estable.
- A transformación da nosa relación coa información, permitíndonos dispoñer dela case sen límites de ubicuidade e accesibilidade, valernos das redes de difusión de coñecemento, xerar e difundir información, etc.
- O uso de recursos virtuais diversos e de calidade grazas ás plataformas de dixitalización e divulgación de múltiples institucións e organismos.
- Un banco de actividades e de proxectos compartidos pola comunidade educativa.
- Supón unha curva de aprendizaxe elevada nun inicio pero con interaccións intuitivas e repetitivas que sistematizan o traballo. O alumnado non se mostrará inicialmente predisposto a unha metodoloxía máis interactiva, xa que en moitos casos están máis predispostos a dinámicas previsibles que só requiren dunha interacción puntual pola súa parte. Pola contra, cando superan a curva de apredizaxe das diversas ferramentas e dinámicas de traballo, a súa predisposición é moito máis activa e intensa.
Necesidade dunha alfabetización dixital:- Marco laboral orientado a xestión, transformación e comunicación de datos xerados na sociedade informacional.
- Xestión da pegada dixital o non discenir entre identidade dixital e real.
- Filtrar criticamente a información da rede, "a pantalla do ordenador é cada vez máis o espello unidireccional que reflicte os nosos propios interes".
2 2. Unha primeira ollada a EDIXGAL
2.Unha primeira ollada a EDIXGAL
- Xestor de mensaxería, de documentación privada na nube, dos tempos, e un escritorio modulable, personalizable e con diversos graos de visualización.
- Creación da materia. Ollo unha vez creada para borrala definitivamente tedes que cubrir un formulario, pódese ocultar.
- Incorporación de contidos con diversas opcións.

Xeración de exercicios de distinto tipo, que poden ser utilizados como recurso complementario no Entorno Virtual de Aprendizaxe. Agrupa as funcionalidades para crear, modificar e eliminar os diferentes tipos de exercicios e actividades a presentar ao estudante
Xeración de contidos que poden ser enriquecidos con arquivos multimedia (imaxes, vídeos, audios, etc.). Podemos utilizar recursos interactivos previos de fontes fiables e testadas ou achegar contidos estáticos para completar a información que necesitemos expoñer.
Posibilidade de publicar os proxectos en formato SCORM directamente na plataforma e-Dixgal. O formato SCORM é un conxunto de estándares e especificacións que permite crear obxectos pedagóxicos estruturados. Os contidos que teñen este formato seguen os seguintes requirimentos: Interoperabilidade, Reusabilidade, Manexabilidade, Accesibilidade, Durabilidade e Escalabilidade.
Capacidade para compartir proxectos e xerar un espazo común de traballo entre os profesores.
3 3. Edixgal como ferramenta de transformación metodolóxica
Un cambio metodolóxico vagaroso, pero necesario, e aberto nos sendeiros didácticos a seguir.
Se quixéramos ter todas estas prestacións, ferramentas de interactividade ou creación de contidos interactivos, teríamos que xestionar máis dun cento de aplicacións ou recursos web. Iso para os docentes "máis tecnolóxicos"-a incipinete realidade aumentada, supón outro novo reto metodolóxico para o decente-, para os iniciados non só supón o reto da aprendizaxe dunha ferramenta dixital senón un cambio nas nosas metodoloxías con diversos graos e vías de achega.
- Traballar con libros de texto dixitais en dous formatos: un estático, e un libro interactivo, máis dinámico e aberto.
- Secuenciar unha proposta didáctica dinámica con diferentes recursos e fontes e con diversidade de interación e participación do alumno.
- Dinámicas por proxectos con diversos graos de participación e colaboración.
- Integración de dinámicas de traballo dos contidos con ferramentas dixitais, o que conleva a transformación e asimilación de contidos de xeito indirecto por parte do alumnado. Esta proposta implica unha dinámica exercitiva e de avaliación de tipo competencial, e con elo máis centrada nas destrezas e capacidades instrumentais das materias e dos ámbitos.
Créditos
Proxecto creado por ÓSCAR RODRÍGUEZ GARCÍA o 15-10-2017