WEEK 5 BOOK DAY
Section outline
-
No día do libro traballamos o inglés coa escritora americana de orixe mexicana Sandra Cisneros. O seu libro The House on Mango Street é de lectura obligatoria nas escolas de EEUU.


-
Neste relato a protagonista de The House in the Mango Street reflexiona sobre o seu nome Esperanza, de como soa en inglés Hope, da diferenza que hai entre chamarse en español e chamarse en inglés e de moitas outras cousas.
-
Le o relato en voz alta. Practica a lectura e a pronunciación en inglés.
-
QUE TEÑO QUE FACER?
Grava un documento de audio explicando brevemente o que pensas do teu nome.
QUE PRECISO?
Unha gravadora de voz:
_ no teu PC, sempre que teña micrófono,
_no teu móbil, baixa a aplicación,
_no whatsapp, compartindo o documento de audio no teu Drive ou gmail.
COMO O FAGO?
1.Le o relato de Sandra Cisneros.
2.Contesta estas preguntas e anota as respostas. Serán o guión do teu audio:
_Do you like your name? Why yes? Why not?
_Do you know why your parents chose your name?
_Who chose it?
_Has any other member of the family got your name? Who?
_Are you like that person or different from him/ her? Why?
_Is there another name you like?
_Do you prefer your name or that other name?
Estas preguntas son orientativas. Podes falar do teu nome con calquera outra cousa que se che ocurra (deletrealo ao principio, por exemplo).
3. Antes de gravar nada, prepara a fondo o que vas dicir. Fai probas, ensaia.
4.Cando comeces a gravar di o teu nome, o teu curso e o título My Name.
Duración máxima de un minuto.
COMO ENTREGO A TAREFA?
Preferiblemente a través da Aula Virtual. Só tes que pinchar no título da tarefa e adxuntar o documento de audio. Xa estades matriculados.
Ao correo maria-ingles@sanpaio.com.
-