Section outline

  • 23rd APRIL BOOK DAY

    No día do libro traballamos o inglés coa escritora americana de ascedencia mexicana Sandra Cisneros. O seu libro The House on Mango Street é lectura obrigatoria nas escolas de EEUU.

    • Neste relato curto a protagonista describe os diferentes tipos de cabelo (color, forma, olor, pentinado) dos membros da sua familia.

    • Le o relato en voz alta. Practica a lectura e a pronunciación.

    • TAREFA PARA ENTREGAR

    • Que teño que facer?

      Escribir un relato curto describindo os pés dos membros da miña familia ao xeito de Hairs de Sandra Cisneros.

      Que preciso?

      Mirarlles ben os pés á tua familia. Tamén podes describir os teus. 

      Utilizar o vocabulario da unidade 8: WB p.133, 134.

      Utilizar o present simple: WB p.100

      Utilizar o comparativo: WB p.98 e superlativo: WB p.102.

      Outro vocabulario que podes utilizar:

      uñas: nails, callos: calluses, dedo gordo: big toe, dedo pequeno: little toe, dedo mediano: middle toe, xoanete: bunion, cicatriz: scar, talón: heel, nocello: ankle, lunares e verrugas: moles

      Escribir un mínimo de oito liñas e un máximo de quince.

      Como se fai?

      Repasa os comparativos e superlativos.

      Repasa o presente simple dos verbos e fíxate na persoa do suxeito e do verbo cando escribas.

      Fai un borrador nunha folla da tua libreta.

      Repasa o borrador para correxilo co libro aberto nas páxinas de gramática ao lado. 

      Escribe a versión definitiva. Pon nome, primeiro apelido, curso e o título FEET.

      Como o envío?

      _Preferiblemente a través da AulaVirtual. É imprescindible facer automatrícula antes.

      _Ao correo maria-ingles@sanpaio.com