A vida (fl. 420- a. de C.)

Alá polo año 435 había chegado a Elea procedente de Mileto un tal Leucipo, ó que xa mencionáramos, e que debera de oír algo de Pitágoras, ou que tal vez tiña ido á escola dalgún dos seus discípulos. Non quedou convencido en absoluto de aquel asunto do omnipresente e inmóbil ser identificado co pensamento. E trasladándose a Abdera, onde abriu unha escola pola súa conta, desenvolveu, en cambio, o concepto de non-ser, o sexa o baleiro. Segundo el, o creado no é , en efecto, máis que unha combinación de baleiro e de átomos, os cales, xirando arremolinadamente polo espacio, combínanse entre eles dando lugar ás formas ou cosas. Tamén o que nosoutros chamamos "alma" no é senón unha determinada combinación de átomos. Estes son os que constituen a substancia de todo, ata o pensamento. Todo, pois, no é máis que materia.

Este concepto materialista desenvolveuse aínda mellor no seu amigo e seguidor Demócrito, que en Abdera, [Tracia, onde naceu no año 460] , frecuentou os seus cursos. Pertencía a unha grande familia da burguesía mercantil, e o seu pai, ó morrer, deixoulle cen talentos. Demócrito empregounos en pagarse una grande viaxe que tivo que durar varios anos . E que lle levou a Exipto, a Etiopía, á India, a Persia. Era un home curioso e concienciudo, que quería velo todo persoalmente e que non sufría de ningún chauvinismo nin provincianismo. "A patria dun home razoable é o mundo "-dicía-. E "e máis importante conquistar unha verdade que un trono". Un pudor aristocrático lle impediu propaga-las súas propias teorías, instituír unha escola e incluso provocar debates, como era uso en aqueles tempos. Aínda cando non lle quedou nin céntimo, en vez de aproveitar a cultura que tiña limitou as súas necesidades e en Atenas, onde se había establecido, viviu apartado, sen frecuentar ós demais filósofos ni os salóns onde se reunían, dedicado soamente a escribir. Diógenes Laercio di que compuxo tratados de Mediciña, de Física, de Anatomía, etc. Certamente, era un enciclopedista, dotado dun estilo terso e mesurado que ós ollos de Francis Bacon lle fixo aparecer como o máis grande dos personaxes antigos, superior incluso a Aristóteles e a Platón. só unha vez se decidiu a apareceren público para ler ós seus cidadáns de Abdera, a onde había regresado vello xa, un ensaio titulado "O mundo grande", que era un pouco o compendio de toda a súa sapiencia. E Laercio conta que a impresión foi tal, que o Estado decidiu restituírlle os cen talentos que el había gastado para adquiri-los seus coñecementos.

Parece ser que Demócrito, practicando os preceptos hixiénicos que había predicado, viviu ata os noventa anos, pero hai quen di que ata os cento nove. Sempre segundo Laercio, un mal día deuse conta de que estaba morrendo e llo dixo a súa hirmá. Mais esta lle respondeulle que non podía facelo, precisamente aqueles días, porque sendo as festas de Tesmoforias, ela tiña que ir ó templo. Demócrito lle dixo que fose de todos modos con ánimo tranquilo. Bastaba con que cada mañá se volve para traerlle un pouco de mel. Así o fixo ela , e el, aplicándose un pouco daquela mel nas narices e respirando a súa fragrancia, logrou sobrevivir ata que as festas terminaron. Entón dixo: "Ben, agora podo irme". E se foi, sen sufrimento algún, chorado por toda a poboación, que lle acompañou en masa ata o cemiterio.

O atomismo

Parece ser -di Popper-, que os atomistas consideraron que a teoría de Parménides -a primeira teoría hipotético-deductiva do mundo- estaba refutada pola experiencia. Xa que o movemento existe. Aceptando a validez formal do argumento de Parménides, infiriron a falsidade de súa premisa da falsidade da súa conclusión. Pero esto significaba que a nada -o baleiro- existe. Por conseguinte, non había ningunha necesidade de supor que "o que é " -o pleno, o que chea un espacio- no ten partes; pois as súas partes poden, entonces, estar separadas polo baleiro. Así, hai moitas partes, cada unha das cales é plena: hai no mundo partículas plenas separadas por espacio baleiro e capaces de moverse en este, e cada unha das cales é plena, indivisa, indivisible e inalterable. O que existe é, pois átomos e baleiro. Así chegaron os atomistas a unha teoría do cambio, teoría que dominóu o pensamento científico ata 1900. É a teoría segundo a cal todo cambio, e especialmente todo cambio cualitativo, debe ser explicado polo movemento espacial de anacos inalterables de materia, de átomos que se moven no baleiro.

Podemos parafrasear a teoría deductiva de Parménides da siguiente maneira:

Soamente o que é , é .
O que non é non existe.
O non ser, esto é , o baleiro, non existe.
O mundo é pleno.
O mundo non ten partes.
O movemento é imposible (porque non hai espacio baleiro no cal poida moverse algo).

As conclusións 5 e 6 eran contraditas polos feitos; por elo, da falsidade da conclusión, Demócrito infiríu a falsidade das premisas.

6. Hai movemento, logo o movemento é posible.
5. O mundo ten partes: non é un senón múltiple.
4. Logo, o mundo non pode ser pleno.
3. O baleiro -o non ser- existe.

ata este punto a teoría tivo que ser modificada.

Respecto ó ser, ou ás moitas cousas existentes (en oposición ó baleiro), Demócrito adoptou a teoría de Parménides de que elas no teñen partes. Son indivisibles (átomos), porque son plenas, porque non teñen baleiro no seu interior.

Segundo Demócrito, no principio existían separadamente o Ser material cheo, o Gran Baleiro, o non-ser, e o movemento eterno. O baleiro foi impulsado polo movemento e penetrou na masa compacta e indistinta do Ser, disgregándoo en infinitas partículas indivisibles: átomos.

Como características destes átomos, podemos sinalar as seguintes:

Non hai entre eles diferencias cualitativas.
Carecen de calquera propiedade que non sexa a extensión
Son impenetrables, pesados, eternos, indestructibles, infinitos en número.
Soamente difiren uns de outros en cuanto á forma, situación e disposición
A variedade das cousas débese, pois, unicamente á diferencia de forma, posición e situación dos átomos.

¿Como se explican entón as diferencias cualitativas que observamos nas cousas: o seu olor, color, sabor, temperatura, etc.? Segundo Demócrito, estas diferencias non son unha realidade obxectiva, senón consecuencia de nosa maneira de percibi-la realidade: son algo subxectivo. Só cando os nosos sentidos dan a coñecer a cantidade (extensión, figura, peso, etc.) son feles á realidade. É, por tanto, Demócrito o primeiro que distingue entre cualidades primarias e cualidades secundarias dos corpos. Sómentes as cualidades primarias son obxectivas.

Tamén, pois, Demócrito, ó igual que Parménides, nega os sentidos como instrumentos de coñecemento, dicindo que estes nos permiten aferrar tan só as cualidades secundarias das cosas. Todo esto nos proporciona unha opinión, pero a verdade se nos escapa. Esta está constituída por unha necesidade, incomprensible para nosoutros, que regula as combinacións dos átomos, os cales son a única realidade do creado. Son o que son, eternos: Non morren os vellos, non nacen outros novos. O que cambia son as súas asociacións, que nós solemos atribuír á "casualidade", palabra inventada pola nosa ignorancia que non nos permite comprender a necesidade que as dictou. Tamén no home todo está feito de átomos, anque os que constituen a chamada "alma" sexan de material diferente e máis nobre que os que constituen o corpo.

Esta concepción da Natureza é tipicamente mecanicista: só hai corpos e movemento, presión e choque. O movemento, os choques, as agrupacións e separacións dos átomos están dirixidos por unha lei, inmanente á mesma materia, que actúa cegamente, sen finalidade algunha, pero de maneira necesaria. O acontecer non se da por azar, senón que está causalmente determinado. De aí que sexa posible calcular o acontecido e adiantarse ó acontecer. Está aquí en xerme a concepción cuantitativo-mecanicista da Natureza que, con Galileo e Gassendi, será a base da nova ciencia experimental.

Desta teoría gnoseolóxica, ou sexa sobre o modo de coñece-las cosas, Demócrito derivou tamén unha ética. Dixo que o home tiña que contentarse ca modesta felicidade que podía permitirlle esa estreita dependencia da materia. Os sentidos no lle bastan para procurarse unha maior, como tampouco lle serven para contemplar as cousas. O home pode soamente buscar a serenidade nunha existencia ordenada e moderada, pois o ben e o mal hai que encontralos dentro de nosoutros, non esperalos do exterior.

Last modified: Wednesday, 16 September 2020, 10:20 AM