4.6.- Presentación de resultados.

Neste último apartado que imos tratar en OpenOffice Calc, imos ver como se gardan os arquivos con diferentes formatos exportando as follas de cálculo a pdf, previsualizar ficheiros ou imprimir os resultados.

Para facer unha previsualización dos datos inseridos en OpenOffice Calc, vamos ás opcións "Ficheiro" / "Previsualización de páxina"; deste xeito teremos unha presentación preliminar da folla na que nos atopamos. Para saír da previsualización prememos en "Pechar previsualización".

Para exportar un OpenOffice Calc a pdf, debemos seguir os seguintes pasos:

  • Abrir unha folla de Calc que teña datos introducidos.
  • Seleccionamos as opcións "Ficheiro" / "Exportar como PDF".
  • Indicamos o nome do ficheiro pdf que imos crear.
  • Acto seguido aparece unha ventá emerxente con múltiples opcións.pdf
  • Na pestaña "Xeral" seleccionamos o intervalo do documento que queremos que se exporte a pdf, isto é, todo, unha folla ou unha selección.
  • Tamén podemos indicar desde a pestaña "Seguranza" si queremos protexer cun contrasinal o pdf e incluso outorgarlle permisos.
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM