Introdución:

OpenOffice.org Calc é Calc unha aplicación ou programa informático que instalado no ordenador permítenos manipular datos (numéricos e alfanuméricos –isto é, letras, números e outros caracteres) que introduzamos neste tipo de programas. Polo tanto, combínamos textos, valores numéricos e tamén fórmulas.

Unha vez engadidos os datos e as fórmulas, o programa encárgase de calcular os resultados en función dos datos e fórmulas introducidos, de tal xeito que si facemos algún cambio nos datos, automaticamente recalcúlanse e actualízanse os resultados.

Para que serve o Open Office.org Calc?
Normalmente OpenOffice.org Calc permítenos realizar desde cálculos simples a complexos con fórmulas e funcións. Tamén podemos utilizar Calc para a creación de gráficos, táboas, directorios, axendas, recibos, facturas, presupostos, etc.

Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM