4.5. Traballando con gráficas.
4.5.- Traballando con gráficas.
Para facilitar a interpretación dos datos a miúdo representámolos graficamente. Pois ben, nunha folla de cálculo tamén podemos representar graficamente os datos.
Dito isto, seguidamente imos ver dun modo sinxelo como crear gráficos a partir de datos introducidos nunha folla de cálculo.
Cando creamos un gráfico podemos facelo tanto de forma anual como coa axuda dun asistente:
-
Para crear un gráfico de forma manual, primeiro seleccionamos os datos que queremos que aparezan representados no gráfico. A continuación seleccionamos "Inserir" / "Gráfica", ou ben prememos directamente sobre a icona "Gráfica"
da barra de ferramentas. (Neste preciso instante é o momento de escoller o lugar onde se vai inserir a gráfica, na mesma folla ou noutra folla de cálculo). Acto seguido aparecerá o asistente para a realización de gráficas. En "Intervalo" aparecerá o rango seleccionado. No caso de que o rango non estea ben, teremos que modificalo facendo clic co rato sobre o botón de selección de datos
; deste modo o asistente converterase unha barra máis pequena e poderemos modificar o rango (número de filas e de columnas); unha vez que rematemos, volvemos a premer sobre o botón selección de datos para volver ó asistente para gráficas. Despois prememos en "Seguinte".

Ó premer en seguinte, pasamos a unha nova fase na que debemos escoller o tipo de gráfica que máis se axeite ó tipo de datos a representar; entre as múltiples opcións que vislumbran están as gráficas de barras, de sectores, etc.
Feito isto, volvemos a premer en "Seguinte". Nesta pantalla volvemos a escoller as opcións que máis se adecúen ó tipo de representación gráfica dos nosos datos (por exemplo, serie de datos en filas ou columnas; escoller unha variable -normal, amontoada, porcentaxe, etc.).
.Prememos en "Seguinte". Agora seleccionamos tamén as opcións que se adecúen máis ó gráfico en cuestión, por exemplo si queremos poñerlle título, si queremos que conte con lenda, si desexamos que teñan nome os eixos, etc.
![]()
E xa por último, prememos en crear. Deste xeito a gráfica crearase na folla que lle indicamos inicialmente.

