4.4. Traballando con funcións.
Requisitos de finalización
4.4.- Traballando con funcións.
Unha función é unha fórmula predefinida por OpenOffice.org Calc (ou polo usuario) que opera con un ou máis valores e devolve un resultado.
A sintaxe de calquera función é: nome da función (argumento1;argumento2;...;argumentoN). A sintaxe debe adecuarse ás seguintes regras:
- Se a función vai ó comezo dunha fórmula debe empezar polo signo =
- Os argumentos ou valores de entrada van sempre entre parénteses tendo sempre en conta que non se poden deixar espacios antes e despois de cada paréntese.
- Os argumentos poden ser valores constantes (número ou texto), fórmulas ou funcións.
- Os argumentos deben de separarse por un punto e coma (;). Por exemplo: =SUMA(A1;A2;A5), sumará as celas A1, A2 e A5. Tamén podemos usare o operador dous puntos(:). Por exemplo SUMA(A1:C8). O operador ":" identifícanos un rango de celas, así A1:C8 indica todas as celas incluídas entre a cela A1 e a C8, así a función anterior sería equivalente a: =A1+A2+A3+A4+A5+A6+A7+A8+B1+B2+B3+B4+B5+B6+B7+B8+C1+C2+C3+C4+C5+C6+C7+C8 No anterior exemplo pódense apreciar as vantaxes de utilizar a función. As fórmulas poden conter máis dunha función, e poden aparecer funcións anidadas dentro dunha fórmula, por exemplo: =SUMA(A1:B4)/SUMA(C1:D4). Existen moitos tipos de funcións dependendo do tipo de operación ou cálculo que se queira realizar. Deste xeito hai funcións matemáticas e trigonométricas, estadísticas, financeiras, de texto, de data e hora, lóxicas, de base de datos, de busca e referencia e de información.
- Para introducir unha fórmula en primeiro lugar seleccionamos unha cela e a continuación introducir calquera texto precedido sempre do signo =.
-
Tal e como vimos comentando, unha función pódese escribir directamente nunha cela se coñecemos a súa sintaxe, pero OpenOffice.org Calc tamén dispón dun asistente polo que nos vai resultar máis fácil traballar. Para introducir unha función nunha cela, situámonos na cela
onde queremos introducir a función; a continuación seleccionamos no menú "Inserir" / "Función". Tamén podemos acadar o mesmo resultado facendo clic sobre o botón fórmulas da barra de fórmulas e aparecerá o cadro de diálogo "Inserir función".
rta
Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42