4.3. Dando formato a unha folla de cálculo.
4.3.- Dando formato a unha folla de cálculo.
Nin que dicir ten que desde a barra de formato do OpenOffice Calc ou desde o menú "Formato"· podemos darlles formato ás celas, filas, columnas e follas. ![]()
Dándolle formato a unha cela...
Se queremos darlle formato a unha cela, en primeiro lugar seleccionámola, seguidamente escollemos as opcións "Formato" / "Cela". A continuación apareceranos unha ventá con múltiples opcións (tal e como se aprecia na imaxe), entre as que poderemos escoller:

- O tipo de letra (Arial, Times, etc.)

- A tipografía (Normal, cursiva, etc.)

- O Tamaño da letra.

- O idioma (idioma do dicionario).
- Os efectos do tipo de letra (Subliñado, riscado, cor da letra, etc.).

- O aliñamento: Aliñar a letra (Vertical, horizontal, esquerda, dereita, etc.).

- Os bordos das celas (estilos de bordos, cores, etc.).

- Os fondos (cor de fondo da cela).

Todos estes cambios de formato pódense facer tamén desde a barra "Formato".
Tamén se pode formatar unha cela premendo nela co botón dereito e escollendo a opción "Formatar Celas".
De igual modo que aplicamos formato a unha cela, tamén se dá formato ás celas dunha fila, ás celas dunha columna ou a todas as celas dunha folla, simplemente temos que seleccionar o elemento ó que queremos darlle formato.