4.3.- Dando formato a unha folla de cálculo.

Nin que dicir ten que desde a barra de formato do OpenOffice Calc ou desde o menú "Formato"· podemos darlles formato ás celas, filas, columnas e follas. formato

Dándolle formato a unha cela...
Se queremos darlle formato a unha cela, en primeiro lugar seleccionámola, seguidamente escollemos as opcións "Formato" / "Cela". A continuación apareceranos unha ventá con múltiples opcións (tal e como se aprecia na imaxe), entre as que poderemos escoller:
formato

  • O tipo de letra (Arial, Times, etc.) arial
  • A tipografía (Normal, cursiva, etc.) tipograf�a
  • O Tamaño da letra. tama�o
  • O idioma (idioma do dicionario).
  • Os efectos do tipo de letra (Subliñado, riscado, cor da letra, etc.). cor da letra
  • O aliñamento: Aliñar a letra (Vertical, horizontal, esquerda, dereita, etc.). ali�ar
  • Os bordos das celas (estilos de bordos, cores, etc.). bordo
  • Os fondos (cor de fondo da cela). cor de fondo

Todos estes cambios de formato pódense facer tamén desde a barra "Formato".

Tamén se pode formatar unha cela premendo nela co botón dereito e escollendo a opción "Formatar Celas".

De igual modo que aplicamos formato a unha cela, tamén se dá formato ás celas dunha fila, ás celas dunha columna ou a todas as celas dunha folla, simplemente temos que seleccionar o elemento ó que queremos darlle formato.

Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM