4.2. Introducir e modificar datos.
Requisitos de finalización
4.2. Introducir e modificar datos en OpenOffice Calc.
Neste apartado imos ver como se introducen e modifican os diferentes tipos de datos en OpenOffice.org.
Para empezar a introducir datos, abrimos un documento de cálculo. En cada unha das celas pódese introducir texto, números ou fórmulas.
Para poder inserir datos, situamos o cursor sobre a cela ou celas onde se van a introducir os datos e tecleamos a información desexada. Por exemplo, imos introducir "1ºESO" na fila "1" columna "A". Os datos van aparecer na cela activa e na barra Fórmulas tal e como se aprecia na imaxe.
Unha vez introducida a información nunha cela, para que os datos queden almacenados nesa cela, hai que validar o valor. Isto pódese facer de varias formas:
-
Premendo a tecla Intro: así ademais de validar o valor introducido na cela, a cela activa (a cela activa é a cela onde se encontra o cursor e polo tanto o lugar onde se poden introducir datos) pasa a ser a que se encontra xusto debaixo.
-
Se utilizamos as teclas de movemento (frechas do teclado), tamén se valida o valor introducido en cada cela, e a cela activa cambiará dependendo da frecha que premamos, é dicir, se prememos a frecha esquerda a cela activa será a cela contigua hacia a esquerda.
-
Desde o cadro de aceptación
da barra de fórmulas, ó premer sobre el co rato valídase o valor introducido na cela, e a cela activa seguirá sendo a mesma.
Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42