4.1. Empezando a traballar con OpenOffice Calc: Abrir, crear e pechar arquivos.

Un arquivo de Calc realmente contén un conxunto de follas de cálculo (unha folla ou varias) polo que podemos chamarlle libro.

Antes de empezar a introducir datos, imos coñecer como se abre, crea e garda un libro en OpenOffice Calc.

En primeiro lugar abrimos o Calc, isto é, prememos en Inicio/Todos os programas/OpenOffice/OpenOffice Calc.

Como se abre un libro en OpenOffice Calc?
Hai varias formas de abrir un libro xa existente, tal e como se pode apreciar a continuación:

1.- Desde a barra de menús, seleccionamos a opción Ficheiro/Abrir.
abrir
Unha segunda opción é que desde a barra de menús premas nesta icona.
Outra forma de abrir un libro é facendo dobre clic co rato directamente nun libro de traballo de OpenOffice Calc.
2.- A continuación no ordenador buscamos no escritorio a carpeta onde está o libro de traballo de Calc que queremos abrir. Unha vez que o teñamos identificado prememos en abrir.
3.- Deste xeito teremos xa aberto o libro de traballo de OpenOffice Calc.
Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42