Ahí vai un consello para a realización da tarefa deste módulo 3:

Tal e como se vos aconsella nos contidos deste módulo, creades un cartafol no escritorio do voso computador (actividade 5) para ir arquivando nel as presentacións que vaiades confeccionando. Pois ben, todos os arquivos, vídeos e demais que usedes coa presentación tamén os debedes meter nese cartafol, ollo: ¡antes de inserilo/s na/s diapositiva/s correspondente/s!.

Unha vez rematada a presentación o máis axeitado e comprimir todos os arquivos que a compoñen: presentación, sons, vídeos, etc. nun só arquivo para enviárnolo coa ferramenta "tarefas" ao cartafol "Tarefas_módulo_3" do curso.

Deste xeito, independentemente da versión de Ooo ou do sistema operativo que utilizedes no voso computador seguro que chega todo enteiro, perfectamente vinculado e perfectamente visible e audible.

Os que xa enviáchedes a tarefa, en principio non tedes que volver a enviala, se temos dificultades para visualizala xa vos avisaremos cando procedamos a revisalas.
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM