2.- Crear, gardar e abrir unha presentación en Impress.

De seguido, imos crear en Impress unha presentación en branco. Para iso vamos seguir estes pasos:

  • Co Impress iniciado, desde a barra de menús seleccionamos "Novo" / "Presentación". Agora xa nos aparece o "Asistente" para axudarnos a crear unha presentación nova. Seleccionamos a opción "Presentación Baleira" e prememos en "Seguinte".

Presentaci�n Baleira

  • Na seguinte pantalla podemos escoller tanto o deseño que lle queremos dar á diapositiva como o medio de presentación que utilizaremos para facer a presentación.

Presentaci�n baleira

  • Nesta outra pantalla podemos escoller os efectos de transición entre diapositivas así como a velocidade.

Presentaci�n baleira

Ó premer en crear xérase unha diapositiva.

Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM