inserir son na presentación
Formas de Inserir Son e vídeo en Impress
1. Inserir son nunha diapositiva:
Activar a diapositiva en cuestión -- -> Menú Inserir /Vídeo e Son
Neste caso insírese un botón na diapositiva. O son reprodúcese ao iniciarse a diapositiva e remata ao pasar á seguinte.
|
2. Inserir son nas transicións das diapositivas: Na ventá da dereita, seleccionar "Transición de diapositivas" Aquí podemos indicar os efectos de transición entre diapositivas e tamén podemos elixir sons dos que xa hai, ou elixir "Outro son .." e indicarlle algún que teñamos no noso ordenador. Podemos asignar un son diferente para cada transición ou aplicar o mesmo a todas as diapositivas. |
|
3. Inserir un son que soe de fondo para toda a presentación:
Faise poñendo son só á transición da primeira diapositiva. Deste modo a música seguirá soando ao longo de toda a presentación sempre que a duración do son sexa igual ou maior que a da presentación.
4. Son asociado a unha Animación personalizada:
Na ventá da dereita, seleccionar "Animación Personalizada", seleccionar na diapositiva o obxecto que queremos animar e premer no botón Engadir, seleccionar o efecto na ventá que aparece e despois de Aceptar premer no botón: Opcións de efecto, para elixir na ventá igual que no punto 2 o ficheiro multimedia. Deste xeito podemos inserir varios sons distintos na mesma diapositiva.

En ningún caso os ficheiros multimedia se “incrustan” na presentación, se movemos só o ficheiro de Impress para outro ordenador, non funcionará porque lle faltan os ficheiros de son e / ou vídeo. O máis cómodo é crear un cartafol e gardar nel a presentación e todos os sons e vídeos que se empreguen na presentación, deste xeito, cando movamos a presentación ( Pen drive, cd-rom, correo, etc), levamos o cartafol con todo e listo.