8. Elementos Multimedia.

OpenOffice Impress tamén nos permite inserir elementos multimedia mentres deseñamos diapositivas.

Para inserir son ou vídeo nunha presentación, en primeiro lugar escollemos a presentación onde queremos inserir o elemento multimedia; a continuación desde o menú "Inserir" / "Vídeo e son"; despois, desde unha ventá, indicamos a ruta do ficheiro de audio ou de vídeo que queremos escoller e prememos na opción "Abrir".

Si o que queremos é inserir unha pista dun CD de audio debemos seguir o mesmo procedemento.

Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM