6. Traballar con textos.

Nas diapositivas podemos inserir texto e aplicarlle formato, isto é, podemos modificar o tamaño da letra, a cor, a forma, podemos organizar texto en parágrafos, podemos aplicarlles sangrías ós parágrafos, etc.

Para engadir un texto nunha plantilla predefinida de Impress, en Presentaci�n en brancoprimeiro lugar facemos clic co rato no lugar da diapositiva onde queremos inserilo (Por exemplo, "Prema para engadir título"), deste xeito automaticamente a mensaxe que ten (Prema para engadir título) desaparecerá e aparecerá o punto de inserción. Agora xa podemos empezar a inserir texto. Cando rematemos de introducir o texto no título, facemos clic co rato na outra parte da diapositiva ou senón prememos dúas veces a tecla Esc para saír.

Cando engadimos textos novos, pode ser que o esquema das plantillas de OpenOffice Impress non se adapte ás nosas necesidades; polo tanto, teremos que engadir novos cadros de texto. Para iso engadimos un novo cadro de texto facendo clic co rato na ferramenta texto ou escollendo as opcións "Ver" / "Barra de Ferramentas" / "Texto".Engadir texto Tamén se pode acceder a esta ferramenta da barra de debuxo.

Para engadir un cadro de texto, seleccionamos a ferramenta texto e escollemos o lugar onde o queremos inserir, seguidamente facemos clic co botón esquerdo do rato e mantémolo pulsado mentres o arrastramos para definir as dimensións do cadro de texto. Cando o cadro de texto teña o tamaño desexado, deixamos de premer o rato.

Como se aprecia, na ferramenta texto Ferramenta texto a primeira opción, tal e como vimos comentando, serve para inserir texto; a segunda permite adaptar o texto ó tamaño do cadro de texto, isto é, se inserimos un cadro de texto grande o tamaño da letra será maior que nun cadro de texto pequeno.

A última opción serve para inserir unha lenda, isto é, permítenos inserir un cadro de texto cunha liña.

Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42