3.6. Traballando con textos.
6. Traballar con textos.
Nas diapositivas podemos inserir texto e aplicarlle formato, isto é, podemos modificar o tamaño da letra, a cor, a forma, podemos organizar texto en parágrafos, podemos aplicarlles sangrías ós parágrafos, etc.
Para engadir un texto nunha plantilla predefinida de Impress, en
primeiro lugar facemos clic co rato no lugar da diapositiva onde queremos inserilo (Por exemplo, "Prema para engadir título"), deste xeito automaticamente a mensaxe que ten (Prema para engadir título) desaparecerá e aparecerá o punto de inserción. Agora xa podemos empezar a inserir texto. Cando rematemos de introducir o texto no título, facemos clic co rato na outra parte da diapositiva ou senón prememos dúas veces a tecla Esc para saír.
Cando engadimos textos novos, pode ser que o esquema das plantillas de OpenOffice Impress non se adapte ás nosas necesidades; polo tanto, teremos que engadir novos cadros de texto. Para iso engadimos un novo cadro de texto facendo clic co rato na ferramenta texto ou escollendo as opcións "Ver" / "Barra de Ferramentas" / "Texto".
Tamén se pode acceder a esta ferramenta da barra de debuxo.
Para engadir un cadro de texto, seleccionamos a ferramenta texto e escollemos o lugar onde o queremos inserir, seguidamente facemos clic co botón esquerdo do rato e mantémolo pulsado mentres o arrastramos para definir as dimensións do cadro de texto. Cando o cadro de texto teña o tamaño desexado, deixamos de premer o rato.
Como se aprecia, na ferramenta texto
a primeira opción, tal e como vimos comentando, serve para inserir texto; a segunda permite adaptar o texto ó tamaño do cadro de texto, isto é, se inserimos un cadro de texto grande o tamaño da letra será maior que nun cadro de texto pequeno.
A última opción serve para inserir unha lenda, isto é, permítenos inserir un cadro de texto cunha liña.