3.- Tipos de vistas (normal, esquema, notas e folleto).

Vista normal: A vista normal é a que normalmente utilizamos para traballar, posto que desde esta vista podemos crear, deseñar e editar unha diapositiva.

Para ver a diapositiva nesta vista, seleccionamos desde a barra de menús as opcións "Ver" / "Normal" ou ben escollemos directamente esta vista nas pestanas (tal e como se aprecia na imaxe) Vistas.

Nesta vistas podemos inserir texto nas diapositivas, cambiarlles a cor, etc.

Vista esquema: Para ver as diapositivas en vista esquema, non temos máis que premer na pestana "Esquema" ou ben desde o menú seleccionar "Ver" / "Esquema". Este tipo de vista amosa as diapositivas en formato esquema organizadas por orde de aparición tal e como se aprecia na seguinte ilustración.

Vista esquema

Na parte esquerda, hai unha previsualización das diapositivas; esta previsualización pódese quitar premendo nesta imaxe reducir. Podemos volver á vista orixinal, volvendo a premer na mesma imaxe.

Desde a vista "Esquema" podemos reordenar as diapositivas e editar os títulos e cabeceiras.

Vista de Notas: Este tipo de vista permite engadir notas ás diapositivas, de tal xeito que cando esteamos falando diante dunha audiencia, esta, non ten acceso visual ás notas durante a presentación.

Vista Folleto: Desde a vista "Folleto" podemos ver unha presentación preliminar de varias diapositivas antes de imprimir. Tal e como se pode apreciar, podemos ter unha presentación preliminar de 1,2,3, 4 ou 6 diapositivas.

Clasificador de diapositivas: O Clasificador de diapositivas permite visualizar en miniatura as diapositivas que temos elaboradas, para cando rematemos de deseñalas, previsualizalas e reorganizalas dunha forma rápida e sinxela.

En función da fase na que nos encontremos deseñando diapositivas, utilizaremos unha vista ou outra; por exemplo, para crear e deseñar diapositivas, utilizaremos a vista normal, para poñer notas para que só vexa o orador utilizaremos a vista notas, para reorganizar as diapositivas deseñadas faremos uso do clasificador de diapositivas, e antes de imprimir un documento faremos uso da vista folleto.

Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42