3.1. Introdución.
Requisitos de finalización
1.- Introdución.
OpenOffice.org Impress é unha ferramenta que está incluída dentro do paquete OpenOffice.org e que permite a creación de presentacións multimedia con efectos especiais, animacións e son.
O Impress serve, polo tanto, para crear presentacións/diapositivas que poden incluír texto, audio, vídeo, imaxes, sons, etc. para presentar a unha audiencia. Estas presentacións pódense ir pasando manual ou automaticamente.
O ficheiro principal dun documento Impress é a presentación. Nunha presentación pódense incluír unha ou varias diapositivas. Cada diapositiva está representada por unha páxina.
Na aula o profesor/a pode empregar presentacións como apoio, por exemplo, para explicar unha unidade didáctica.
Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42