Browse the glossary using this index

Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | ALL

V

videoblogs

by Javier Álvarez Oltra 2BACA - Tuesday, 13 October 2009, 4:57 PM
 

É unha galeria de videos exposta para compartila cos outros usuarios onde poden comentala e realizar unha conversación a partir del.

Primeiro foron os blogs normais e agora avanzouse até estes blogs específicos. Os videos non teñen moita duración, xa que, a banda ancha en internet e os recursos non son suficientes para ter videos con moita duración e alta definición, HD.

Tuenti ademáis de ser un fotoblog tamén pode utilizarse para "colgar" videos,  pero non comentalos. 

Un exemplo é You Tube, unha páxina web onde os usuarios cunha conta nel, poden subir videos para que os poidan ver os demáis e se queren poder comentalos. Hai outras videoblogs coñecidos como Tu.tv  e outros non tanto como Armadillo TV, este videoblog gañou un premio no The Bob´s  un campeonato internacional de blogs no que agora tamén hai a categoría de videoblogs.

Ligazóns no glosario de: You Tube

Información obtida de: expresate.

 

 

BH

Videoxogo

by Benito Hermida Pérez 2BACA - Monday, 14 December 2009, 11:51 PM
 

Un videoxogo é un programa informático basicamente de ocio e lecer no cal se intentan cumprir unha sere de obxectivos para rematar o xogo ou facer unha alta puntuación.

Pódese xogar con videoxogos dende distintas plataformas: consolas (Playstation, X-Box, Gameboy...), móbiles ou ordenadores principalmente.

No caso dos ordenadores o xogo pode estar contido noutro soporte (xeralmente un disco), ser descargado da rede ou estar colgado nela (coma é o caso dos minixogos en páxinas coma minijuegos.com).

En 1958 lanzouse o primeiro e primitivísimo videoxogo, pero a gran revolución destes programas chegou a finais dos anos setenta, coa comercialización masiva e diversificación destes produtos (Space Invaders, 1978; Pac-Man, 1980 ) , e ata hoxe non deixaron de espallarse e mellorar, crecendo tanto cualitativa coma cuantitativamente.

Actualmente hai numerosos tipos de videoxogos coma son: de aventura, de rol, plataformas, "shooters" (de disparos), de coches, musicais, estratéxicos, educativos... e o seu mercado move miles de millóns de euros cada ano.

Son tanto criticados por unha banda coma alabados por outra:

-Os seus detractores defenden que son adictivos, perigosos, poden causar problemas mentais a longo prazo, afectan á xente que padece epilepsia e inhiben as relacións sociais.

-Os seus defensores din que, con moderación, agudizan os sentidos e a capacidade de razoamento, liberan estrés e incluso melloran as nosas relacións sociais.

Ligazóns externas:

Minijuegos.com

Armor Games

Fontes de información:

Artigo da Wikipedia

Minijuegos