Navegue por el glosario usando este índice.

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

S

AV

Software libre

de Adrian Vilela 1BACE - miércoles, 14 de octubre de 2009, 09:22
 
O software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:
  • Liberdade para executar o programa, con calquera propósito;
  • Liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte;
  • Liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño;
  • Liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.
  • A historia do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.
  • Existen varios tipos de licenzas de software libre, que se poden dividir en dous tipos: con copyleft e sen copyleft

 

Suite Ofimática

de Javier Álvarez Oltra 2BACA - martes, 13 de octubre de 2009, 16:59
 

Unha Suite ofimática é un conxunto integrado de programas que son utilizados en oficinas, e que cada un cumple funcións especificas nas tareas laborais. O máis coñecido por todos é Microsoft Office, que inclue entre otros o Word, Excel, Powerpoint, etc.

Sirven para diferentes funcións: crear, modificar, escanear, organizar, imprimir etc. Ao ser unha recopilación, hace que sexa asequible adquirir toda a suite, que programa por programa, é máis complexo e o software pagado é máis caro.

A gran maioría incluen un procesador de textos e unha folla de cálculo. Por separado, a suite pode contener un Programa de presentación, un sistema de xestión de base de datos, herramientas menores de gráficos e comunicacións, un xestor de información persoal (axenda e cliente de correo electrónico) e un navegador web.

Este programa naceu nas oficinas e para as oficinas pero agora é utilizado para un uso cotián. Estes programas de software propietario son caros e algúns usuarios, a maioria, utiliza o software pirata ou a súa versión no software libre

Ligazóns no glosario de: follas de cálculo, Powerpoint, Excel, Microsoft Office

Información obtida de Suite ofimática-wikipedia e suites ofimáticas