AV

Software libre

de Adrian Vilela 1BACE - miércoles, 14 de octubre de 2009, 09:22
 
O software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:
  • Liberdade para executar o programa, con calquera propósito;
  • Liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte;
  • Liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño;
  • Liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.
  • A historia do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.
  • Existen varios tipos de licenzas de software libre, que se poden dividir en dous tipos: con copyleft e sen copyleft

» Glosario