GLOSARIO XERAL SOBRE A MORTE
Para ir definindo e precisando
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
M |
|---|
Morte cerebralAo falar da morte cerebral, prodúcense algunhas veces certas controversias derivadas de tomar como criterio da mesma o cese da actividade da corteza cerebral ou neocortical (non existe posibilidade de reversión para volver a ter sensibilidade, nin motilidade voluntaria, nin ningunha actividade consciente, nin función intelectual coma percibir, falar, pensar...) ou o cese da actividade do tronco cerebral (encargado da respiración, latexo cardiaco). Isto último vén a ser propiamente a morte encefálica. Nestes casos segue a existir algún "tipo de vida", por exemplo as células do esperma, actividade endocrina, un corpo así pode considerarse un cadáver latexando. "La muerte encefálica fue el resultado del informe del Comité de Harvard (integrado por diez médicos con la asistencia de un abogado, un historiador y un teólogo) que aconseja en 1968 una nueva definición de muerte basada en la irreversibilidad del daño cerebral producido (JAMA 5/08/1968)." Dr. Carlos R. Gherardi. | |
Morte fisiolóxicaProdúcese cando non funciona ningún dos órganos vitais: cerebro, corazón pulmóns, riles. Pouco a pouco, nas horas seguintes, van morrendo as células que compoñían antes o organismo. | ||
Morte neumocardíacax | |
Morte psicolóxicaPode coincidir coa biolóxica ou precedela. Está en relación coa certeza da inminencia da propia morte. Dependendo de diversos factores pode producir máis ou menos sufrimento na persoa morrente. Nalgunha medida, cando se da aceptación do proceso de morrer, pode supoñer un certo alivio aínda que as veces este rexeitamento a seguir vivindo é mal considerado polos familiares e reprobado pola sociedade.
(Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho) | ||
Morte socialM. Gómez Sancho definea como a separación do enfermo dos demais. Trátase á persoa como se estivese morta antes de que se produzan os outros tipos de morte. Dáse con asiduidade en quen padece enfermidades vergoñentas como en momentos foi a SIDA. A persoa pode sentir que perdou o seu significado como suxeito humano para os outros. Na actualidade, ao caer as antiguas expresións ritualizadas, dase a miúdo unha incapacidade para exprasarse co enfermo/a que mesmo leva a inhibirnos na relación con el ou ela propiciando así a morte social.
(Tomado de Morir con dignidad. M. Gómez Sancho) Este concepto pode aplicarse non só a persoas enfermas senón tamén a anciás e suxeitos con alto grado de marxinalidade social. | ||



