Ao falar da morte cerebral, prodúcense algunhas veces certas controversias derivadas de tomar como criterio da mesma o cese da actividade da corteza cerebral ou neocortical (non existe posibilidade de reversión para volver a ter sensibilidade, nin motilidade voluntaria, nin ningunha actividade consciente, nin función intelectual coma percibir, falar, pensar...) ou o cese da actividade do tronco cerebral (encargado da respiración, latexo cardiaco). Isto último vén a ser propiamente a morte encefálica.
Nestes casos segue a existir algún "tipo de vida", por exemplo as células do esperma, actividade endocrina, un corpo así pode considerarse un cadáver latexando.
"La muerte encefálica fue el resultado del informe del Comité de Harvard (integrado por diez médicos con la asistencia de un abogado, un historiador y un teólogo) que aconseja en 1968 una nueva definición de muerte basada en la irreversibilidad del daño cerebral producido (JAMA 5/08/1968)." Dr. Carlos R. Gherardi.