Glosario

.
.
Introduce todos os termos que consideres que necesitan ser definidos ou sobre os que poidas achegar algunha luz:
blogs, wikis, redes sociais, marcadores, videoblogs, fotoblogs...
A profesora propón algúns conceptos como accesibilidade, agregador de novas, buscadores, follas de cálculo, palabra clave, RSS, software libre, web 2.0,phishing
BEEEEEP:::::Poñede o nome dos conceptos a definir comezando con maiúscula::::::::
Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | ALL
F
| MJ | |||
Facebook:é unha rede social de internet que fundou o 4 de febreiro de 2004 Mark Zuckerberg mentres estudaba en Harvard. Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade, progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League. Máis adiante a rede ampliouse a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse. Hoxendía conta con 120 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e unirse a redes concretas, relacionándose segundo a súa situación xeográfica ou académica.
A principios de 2008 lanzou unha versión en francés, alemán e español para impulsar a súa expansión fóra dos Estados Unidos, porque os seus usuarios están concentrados nos E.U., Canadá e Gran Bretaña. O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlle aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de Facebook, literalmente libro de caras. Existen versións do sitio en diversas linguas e aínda que hai un grupo de usuarios interesados en traducir o sitio ao galego polo de agora non o está, porén si está na opción de idiomas. Ligazón: http://www.facebook.es/ | |||
| FD | Follas de cálculo | ||
|---|---|---|---|
Unha folla de calculo é unha aplicación informática na que se distribúen datos en fileiras e columnas sobre os que se poden aplicar fórmulas. A súa potencia como ferramenta reside en que os datos resultantes das operacións recalcúlanse cada vez que se introduce unha modificación. As follas de cálculo teñen aplicación en calquer traballo ou xestión que precise de conxuntos grandes de datos, nomeadamente na contabilidade e a enxeñaría. En certa medida, as follas de cálculo veñen substituir os libros de contabilidade. Ligazóns no glosario de:Microsoft Excel, Microsoft Office. | |||
| R2 | Fotoblog | ||
|---|---|---|---|
O fotoblog é unha variante do blog, que consiste básicamente nunha galería de imaxes fotográficas publicadas por unha ou máis persoas. O texto é tanto ou máis importante que a foto,xeralmente o texto describe o contido da foto. Moitas veces se aceptan comentarios, e estos habitualmente se refiren á fotografía ou a outros comentarios. Existen sitios adicados a esta actividade como Flickr o Blogspot pero o habitual é que este tipo de fotoblogs estén nun sitio no que o dono é unha única persona. | |||