C

Fenda Dixital

by Carballude Lopez, Alejandro 2BACD - Friday, 13 November 2009, 9:16 AM
 

É unha expresión que fai referencia á diferencia social e económica entre aquelas comunidades que teñen accesibilidade a Internet e aquelas que non, aínda que tales desigualdades tamén se poden referir a todas as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), como o ordenador persoal, a telefonía móbil, a banda ancha e outros dispositivos. Como tal, a fenda dixital baséase en diferenzas previas ao acceso ás tecnoloxías. Este termo tamén fai referencia ás diferenzas que hai entre grupos según a súa capacidade para utilizar as TIC de forma eficaz, debido aos distintos niveis de alfabetización e capacidade tecnolóxica. Tamén se utiliza en ocasións para sinalar as diferencias entre aqueles grupos que teñen acceso a contidos dixitais de calidade e aqueles que non. O termo oposto que se emprega con máis frecuencia é o de "inclusión dixital"

O termo procede do inglés "digital divide", empregado durante a administración de Clinton, aínda que a súa autoría non pode ubicarse con toda precisión. Empregouse para facer referencia á fractura que podía producirse nos EEUU entre "conectados" e "non conectados", se non se superaban as serias diferenzas entre territorios, razas e etnias, clases e géneros, mediante inversións públicas en infraestructuras e axudas á educación.

» Glosario