Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

D

MA

Disco duro

por María Alvelo Blanco 1BACE - xoves, 1 de outubro de 2009, 1:27 PM
 

Un disco duro ou disco rixido (en inglés hard disk drive) é un dispositivo de almacenamento non volátil, que conserva a información ainda coa pérdida da enerxía, que emprega un sistema de grabación magnetica dixital; É onde na maioría dos casos se atopa almacenado o sistema operativo do ordenador. Dentro da carcasa hai unha serie de platos metálicos apilados xirando a gran velocidade. Sobre os platos sitúanse os cabezais encargados de leer ou escribir os impulsos magnéticos. Hai distintos estándares para comunicar un disco duro co ordenador; as interfaces máis comuns son integrated drive electronics (IDE, tamén chamado ATA), SCSI xeneralmente usado en servidores, SATA, este último estandarizado no ano 2004 e exclusivo para servidores.

Tal e como sae da fábrica, o disco duro non pode ser utilizado por un sistema operativo. Antes se deben definir nel un formato de baixo nivel, unha ou máis particions e logo temos que darlles un formato que poida ser entendido polo noso sistema.

Tamén existe outro tipo de discos denominados de estado sólido que utilizan certo tipo de memorias construidas con semiconductores para almacenar a información. O uso desta clase de discos xeneralmente limitabase aos superordenadores, polo seu elevado prezo, ainda que hoxe en día xa se pode atopar no mercado unidades moito máis económicas de baixa capacidade para o uso en ordenadores persoais (sobre todo portátiles). Así, o caché de pista é unha memoria de estado sólido, tipo memoria RAM, dentro dun disco duro de estado sólido.

Elaborado a partir do artigo de Wikipedia

 

MJ

DVD(Digital Versatile Disc).

por Miguel Jimeno Iglesias 1BACA - domingo, 4 de outubro de 2009, 10:10 AM
 

Un DVD (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e audio. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto, etc…

A capacidade dun DVD é de 4.7 Gb de datos, mentres que un CD almacena de media 700 Mb. Os chamados DVDs de Dupla Camada poden almacenar o dobre da capacidade dun DVD comun, ou sexa, 9.4 Gb.

Apesar da capacidade nominal do dvd comun gravábel, é posíble só gravar 4,464 Gb de informacións, e co tamaño máximo de cada arquivo de 1 Gb.

Hay diferentes tipos de DVD:

Segundo o seu contido:

DVD-Video: Películas (vídeo e audio).

DVD-Audio: Audio de alta fidelidade.

DVD-Data: Datos.

Segundo a capacidade de regrabado:

DVD-ROM: Só lectura, manufacturado con prensa.

DVD-R: Gravable unha soa vez.

DVD-RW: Regravable.

DVD-RAM: Regravable de acceso aleatorio. Leva a cabo unha comprobación da integridade dos datos sempre activa tras completar a escritura.

DVD+R: Gravable unha soa vez.

DVD+RW: Regrabable.

DVD-R DL: Gravable unha soa vez de dobre capa.

DVD+R DL: Gravable unha soa vez de dobre capa.

DVD-RW DL: Regravable de dobre capa.

DVD+RW DL: Regravable de dobre capa.

Segundo o seu número de capas ou caras

DVD-5: unha cara, capa simple. 4.7 GB ou 4.38 gibibytes (GiB) - Discos DVD±R/RW.

DVD-9: unha cara, capa dobre. 8.5 GB o 7.92 GiB - Discos DVD±R DL.

DVD-10: dúas caras, capa simple en ambas. 9.4 GB ou 8.75 GiB - Discos DVD±R/RW.

DVD-14: dúas caras, capa dobre nunha, capa simple noutra. 13'3 GB ou 12'3 GiB - Raramente empregado.

DVD-18: dúas caras, capa dobre en ambas. 17.1 GB ou 15.9 GiB - Discos DVD+R.