Evidentemente mellorables, como case todas as cousas, pero moi dignas quedaron as vosas "andadeiras". Algún grupo ten que sentar a cabeza, pero supoño que é un paso que van dar de seguido.
A ver se vos gustan neste formato. Se queredes vemos a ferramenta con que se poden facer estas cousas.
Tedes que facer clic enriba da presentación para vela a pantalla completa, e logo pasades as páxinas premendo nun trianguliño branco situado ao carón da páxina a media altura. PREMEDE AQUÍ